Referencias legais

1.- Proceso de admisión

Proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.

  • # Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 08.11.2022) ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • # Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11.02.2022), DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Podes descargar na ligazón seguinte o modelo de solicitude de admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos

Información:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38868

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

2.- Mapa escolar

Zonas de influencia dos centros públicos de educación infantil e primaria e centros concertados do concello de Narón, segundo o disposto nas propostas emitidas polo servizo territorial de inspección educativa e aprobadas pola Xunta Provincial de Directores na reunión celebrada en data 22 de febreiro de 2022:

3.- Normativa municipal

MÁIS INFORMACIÓN E CONSULTAS

Sede de Inspección Educativa de Ferrol

Enderezo: praza Camilo José Cela s/n, 7ª planta, 15404 Ferrol

Teléfonos: 981337073/981337074

Correo electrónico: inspeccion.ferrol@edu.xunta.gal

Páxina web: www.edu.xunta.gal/portal